#BasketSocial – A Escola Basket Xiria fará ésta sábado un recoñecemento á gran labor da Asociación VIEIRO.

Este sábado 25 de xaneiro, no descando do partido de LIGA EBA contra o Universidad de Valladolid, a Escola Basket Xiria fará un recoñecemento público e dará maior visibiliade á importante labor que a Asociación Vieiro realiza na nosa comunidade. Acudirá na súa representación Xosé María Arán Rodriguez. Vicepresidente da entidade.

Vieiro leva varios anos colaborando coa ESCOLA BASKET XIRIA impartindo charlas informativas de concienciación, sensibilización e prevención e relacionadas coa detección do consumo de sustancias aditivas e de risco relacionadas coas novas tecnoloxías. Todas elas destinadas a xogadores/as, pais e nais, adestradores/as e directivos/as. Moitas gracias Vieiro!

Os obxectivos da Asociación Vieiro son a defensa e protección da persoa e da comunidade contra o consumo, promoción e uso de drogas tóxicas, estupefacientes e similares. Vieiro pon a disposición das familias e os mozos e mozas un instrumento de formación da información para que poidan resolver problemas relacionados con calquera tipo de dependencia.

O traballo de Vieiro baséase fundamentalmente na PREVENCIÓN que abrangue todos os seus ámbitos: familia, escola, comunidade, xuventude en risco e idade laboral.

Tamén dispón dun programa que é ASISTENCIA XURÍDICA ao toxicómano/a e á familia que a Xunta de Galicia nos asignou para atender entre as poboacións de LARACHA A FINISTERRE

A asociación Vieiro está “declarada de interese por asuntos de drogodependencia” pola Xunta de Galicia. Colabora durante anos co Plan Galicia sobre Drogas e co Concello de Carballo do que é prestador de servizos en prevención de drogas.

Tamén colabora coa Fiscalía e o Xulgado de Menores da Coruña para aplicar o programa creado para a finalidade de “Habilidades para menores con problemas xudiciais.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*