SEGUROS DEPORTIVOS FEGABA
SEGUROS DEPORTIVOS FEGABA

Seguro deportivo XOGADE (idades entre 6 e 16 anos - ambos inclusive)
Persoas con idade comprendida entre os 6 e 16 anos (ambos inclusive), inscritas nas distintas actuacións do Programa Xogade:
- A actividade deportiva escolar (incluídos os programas puntuais como “Xogando coa auga e co vento”, “Xogando co atletismo”, “Multixogo 6 a 8”, “Actividades de promoción”…).
- A actividade federada das federacións adheridas. Deberán ter cumpridos os 6 anos e perderán a condición de asegurados unha vez cumpridos os 17 anos, con independencia da vixencia da póliza, da vixencia da súa licencia ou da actividade practicada.
ESQUEMA pasos a seguir - XOGADE (descarga documento)
PROTOCOLO seguro deportivo - XOGADE (descarga documento)

XOGADE - Como actuar!
1. COMUNICAR - 881 85 00 57
No 881 85 00 87 ou https://partesxogade.es.
Precisará o Identificador (iniciais nome e apelidos + data nacemento = EBX150685) que está no carné de Xogade.
2. ACUDIR
Nuns minutos recibirán unha chamada indicando o centro médico no que autorizan a asistencia. Acudir ao centro médico indicado pola mútua.
3. AUTORIZAR
Os representantes legais recibirán un SMS cun enlace para autorizar a xestión de datos.
4. ENVIAR (debedes de entregar copia oa Club e nósfacemos o envío)
Deberán ENVIAR os informes médicos (tamén o de ALTA) á aseguradora.
Teñen 2 vías:
A entidade (centro educativo, Club ou federación) ten 7 días desde a lesión para certificar na aplicación de Xogade.
Contacto para dúbidas, seguimento, queixas:
Para reclamacións formais poderán remitilas á aseguradora SURNE.
Ámbito da cobertura XOGADE
- Actividade deportiva escolar: Terán cobertura as actividades de Xogade publicadas e os adestramentos supervisados durante o calendario escolar.
- Actividade federada: Terán cobertura os adestramentos supervisados por persoal cualificado e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da licenza federativa do deportista e que formen parte dos calendarios de actividade da federación correspondente.
INFO WEB – SEGUROS DEPORTIVOS FEGABA 2024.25:
https://fegaba.com/seguro-deportivo/
ANTE CALQUERA DUBIDA, CONTACTAR SEMPRE ANTES:
- ADESTRADOR do voso equipo.
- DIRECTOR DEPORTIVO - Arturo Ferraces.
*******************************************************************************************
Seguro deportivo ALLIANZ (maiores de 16 anos -Júnior e Sénior)
Seguro para a actividade federada correspondente aos MAIORES de 16 ANOS (JÚNIOR e SÉNIOR)
- Dirixido a todos os deportistas (xogadores, adestradores, delegados, xuíces e árbitros) que teñan suscrita unha licencia coa Federación Galega de Baloncesto.
- Duración: O seguro de accidentes deportivo comenza no momento da validación da licenza e remata o 30 de xuño do ano seguinte.
PROTOCOLO actuación - ALLIANZ (descarga documento)
POLIZA ALLIANZ 2024-2025 (descarga documento)

ALLIANZ - Como actuar!
1. ASISTENCIA POR URXENCIA VITAL
No caso de URXENCIA VITAL (aquela na que esté en perigo a vida do deportista) poderase acudir ao Hospital/Centro máis próximo.
2. ASISTENCIA URXENTE - 981 941 111
O Deportista que, por motivo dun accidente deportivo incluido nas coberturas da póliza requira asistencia URXENTE E INMEDIATA, deberá solicitar autorización á compañía de seguros no teléfono 981 941 111 onde se lle indicará a qué centro médico debe acudir. CONSULTA O PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COMPLETO!
3. ASISTENCIA NON URXENTE - 981 941 111
No caso de que a atención ao deportista non sexa necesariamente inmediata e urxente no mesmo momento da lesión, deberase solicitar a cita á cmpañía de seguros a través do teléfono 981 941 111, que remitirá a autorización ao centro concertado sen demora. CONSULTA O PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COMPLETO!
* ASISTENCIA SANITARIA ALLIANZ - 900 404 444
Para apertura de asistencia médicas (siniestros o partes) telefónicos
Ámbito da cobertura ALLIANZ
- Esta póliza de acccidentes deportivos recolle todo o exixido no RD 849/1993 así como unha serie de melloras reflexadas na póliza de cada temporada.
- Terán cobertura os adestramentos supervisados por persoal cualificado e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da licenza federativa do deportista e que formen parte dos calendarios de actividade da federación correspondente.
INFO WEB – SEGUROS DEPORTIVOS FEGABA 2024.25:
https://fegaba.com/seguro-deportivo/
ANTE CALQUERA DUBIDA, CONTACTAR SEMPRE ANTES:
- ADESTRADOR do voso equipo.
- DIRECTOR DEPORTIVO - Arturo Ferraces.















