Loading...

DÍA DO PEQUEBASKET

Abrese o prazo de inscrición para o “8º DÍA do PEQUEBASKET”

 

Carballo, 22 de abril do 2020 | Abrese o prazo de inscrición para a oitava edición do DIA DO PEQUEBASKET.Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 700 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión.

Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de información de novos clubes que nunca participaron, o equipo organizador do 8ª DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o venres día 6 de Maio e as solicitudes tramítaranse directamente dende o seguinte enlace: bit.ly/InscricionDIAPEQUEBASKET2022

Dende a organización, Escola Basket Xiria, facilítanse os seguintes contactos para información e dúbidas, e tamén podedes resolver calquera aclaración contactando cos Federación Galega de Baloncesto, no seguinte correo electrónico: eventos @fegaba.com