Loading...

Onte celebramos a charla da Asociación Viero con deportistas e familias da Escola Basket Xiria

ESCOLA BASKET XIRIA
29 de marzo de 2022


Dentro das actividades programadas por VIEIRO, onte luns tivo lugar a charla en colaboración con Basket Xiria do PROGRAMA PREVENCIÓN NO DEPORTE: “XOGO LIMPO” 


Dentro da programación de prevención no ámbito xuvenil, a Asociación Vieiro en colaboración coa Escola Basket Xiria, celebraron unha charla / obradoiro impartida pola psicóloga de Vieiro: Lara Periscal Taibo, no Auditorio da Biblioteca Municipal Rego da Balsa de Carballo, en horario de 19:15 a 20:30h

Estes obradoiros destinados aos/ás deportistas que levan por título: “DES-CONECTA” e que están dedicados a facilitar información sobre ás novas tecnoloxías, centrándose máis polo miúdo nas máis utilizadas polos mozos/as: Internet e redes sociais, videoxogos, smartphone, xogos de azar (apostas e xogos online), etc. Tamén se proporcionarán pautas de actuación ante situacións conflitivas derivadas do mal uso destas.

Agradecer a Lara Periscal e a Asociación Vieiro contar co noso Club, para impartir unha charla moi interesante, amena e didáctica, da que esperamos que os nos@s xogador@s saquen moito proveito dela.


0 Comentarios
Inicia sesión ou rexístrate para comentar
O último
#AXORNADA Basket Xiria | ⏰ Horarios dos partidos do 2️⃣0️⃣ e 2️⃣1️⃣ de ABRIL 2024.
DIMOLK BASKET XIRIA, MINIBASKET XIRIA VERDE, MINIBASKET XIRIA BRANCO, PREMINIBASKET XIRIA, BASKET XIRIA INFANTIL BRANCO, BASKET XIRIA CADETE U15, BASKET XIRIA FEM U13 , BASKET XIRIA INFANTIL VERDE, ORTODIX BASKET XIRIA. Club, Xornada, Noticias, Horarios.
hace 2 días
🏀 RESULTADOS & CRONICAS #BasketXiria | do 1️⃣3️⃣ de ABRIL 2024.
hace 3 días
O Calvo Basket Xiria despide a tempada 23/24 cunha contundente vitoria en Xixón.
CALVO BASKET XIRIA. Crónica, Club, LIGA EBA, Noticias.
hace 4 días