LIGA ESCOLAR 3x3


LIGA ESCOLAR BALONCESTO 3x3 | Carballo 2022


A LIGA ESCOLAR BALONCESTO 3x3, nace da idea de realizar unhas xornadas deportivas conxuntas entre os centros de primaria de Carballo, polo que se intenta involucrar a tódolos centros educativos posibles. Orientada a nenas e nenos de 3ª e 4ª de Primaria, pero aberta a outro rango de idades. A actividade está organizada pola ESCOLA BASKET XIRIA e os Departamentos de Educación Física dos centros escolares do Concello de Carballo.

OS OBXECTIVOS

  • fomentar a práctica deportiva
  • facer uns recreos máis entretidos e saudables
  • colaborar na educación deportiva, tentando que os xogador@s sexan capaces de tomar decisións e xestionarse, tan só intervir @s árbitos (adultos) en caso de conflito.
  • favorecer e traballar a responsabilidade dos xogado@s que se comprometen a iniciar proxectos en común.


CALENDARIO CEIP A CRISTINA


CALENDARIO CEIP NETOMA-RAZO



⇒ DOSIER INFORMATIVO




******************************************************************************************************************

LIGA ESCOLAR BALONCESTO 3x3 | Carballo 2019


ORGANIZADO POLA ESCOLA BASKET XIRIA, EN COLABORACION COS DEPARTAMENTOS DE EDUCACION FISICA DOS CENTROS ESCOLARES DO CONCELLO DE CARBALLO.


Orientada a nenas e nenos de 3º e 4º de primaria, pretende involucrar oas centros educativas do Concello de Carballo para realizar unhas xornadas deportivas, durante o tempo de lecer ao londo de varias semanas e cunha xornada final conxunta, para así fomentar a práctica deportiva e facer uns recreos máis entretidos e saudables.


⇒ DOSIER INFORMATIVO




******************************************************************************************

LIGA ESCOLAR BALONCESTO 3x3 - 2018 Basket Xiria


Liga Escolar 3x3 Baloncesto


Por primeira vez, organizouse unha liga escolar de baloncesto 3x3 nos recreos dos colexios de Carballo, que resultou un éxito en todos os centros, e que permitiu que preto de 200 nenos xogasen ao baloncesto, á vez que tiñan uns recreos diferentes. Na liga participaron os colexios de Carballo.

o  CEIP Bergantiños

o  CEIP A Cristina

o  CEIP Gandara-Sofan

o  Ceip Fogar

o  CEIP Netoma-Razo


Nos diferentes colexios organizábanse ligas internas entre os xogadores de 3º e 4º de primaria, que previamente se apuntaron en equipos de 4 ata 6 xogadores.

Despois de acabada a liga os equipos Campións de cada colexio, xuntábanse para disputar a fase final da liga Escolar 3x3 de Baloncesto, no pavillón Bergantiños, onde os partipantes, recibiron as súas medallas e trofeos de campións e finalistas.

Nesta primeira edición da liga un total de 50 equipos dos cinco Colexios que participaron, mobilizaron mais de 230 xogadores de 7 e 8 anos, moitos dos cales nunca xogaran ao baloncesto.

Os centros escolares valoraron como moi positiva a iniciativa, xa que ademais de promover o deporte, organizaba uns recreos diferentes , á vez que outorgaba responsabilidades aos nenos, tanto á hora de comparecer na pista de xogo ao dispoñer dos seus horarios desde o comezo, como á hora de arbitrar, baixo a supervisión dos adestradores do club.


FINAL DE LIGA ESCOLAR 3X3 DE BALONCESTO BASKET XIRIA

O martes dia 11 chegou ao seu fin a 1ª edición da liga escolar de baloncesto 3x3 organizada por Basket Xiria e que disputaron un total de 50 equipos.

Na tarde do martes, os 8 mellores equipos clasificados dos diferentes colexios, reuníronse no Pabellon Bergantiños para xogar a fase final, as roldas de cuartos, semifinais e a gran final.

Nun gran ambiente de deportividade , ilusión e mesmo nervios, os partidos transcorreron con total normalidade e #ante a mirada de moitos afeccionados, que premiaron aos participantes cunha gran ovación , no acto final de entrega de medallas a todos os xogadores presentes e trofeos ao equipo campión e subcampión.

A final disputárona dous equipos do Ceip Fogar, despois de impoñerse nunhas disputadísimas semifinais. Todos os xogadores, marcharon moi contentos e satisfeitos, tanto da liga regular en se, que lles permitiu disputar e gozar duns recreos diferentes, como da fase final, que lles deu a oportunidade de convivir e competir con outros colexios da contorna.

  • CLASIFICACION FINAL:

RESISTIDORES_________CEIP Fogar

J.D. M.M._______________CEIP Fogar

O GUERREIROS_______CEIP Bergantiños

Os LOBOS____________CEIP Netoma – Razo

Os ALFAS_____________CEIP A Cristina

Os WARRIORS_________CEIP A Cristina

Os TIGRES____________CEIP Gandara- Sofan

Os SEN NOME_______CEIP Gandara- Sofan