DÍA DO MAXIBASKET
DÍA do MAXIBasket +35
Carballo 26.12.26 by ESCOLA BASKET XIRIA
PAVILLÓN VILA de NOIA
Unha xornada para competir, reencontrarse e celebrar o xogo.
A experiencia segue no parqué. O baloncesto non ten idade!

- Competición 5×5, amizade e paixón polo balón.
Carballo abre a pista á comunidade MAXIbasket. O 26 de decembro, o Pavillón Vila de Noia será punto de encontro de equipos masculinos e femininos de máis de 35 anos. Se fose preciso, polo número de equipos inscritos, poderase xogar o Torneo en dous Pavillóns diferentes.
Cada equipo deberá contar cun mínimo de 7 xogadores/as e máximo de 15 compoñentes. A composición dos grupos adaptarase ás inscricións e poderá ser mixta. O custe da inscrición é de 10€ por xogador e incluirá seguro de accidentes para os non federados.
A duración dos partidos será de 2 cuartos de 12 minutos (cun 1 min. de descanso), a reloxo corrido e serán arbitrados por integrantes do Comité Galego de Árbitros da Federación Galega de Baloncesto. Haberá trofeos para os equipos finalistas
A organización poderá variar o tempo de partido, si se conleva un retraso importante no desenvolvemento do Torneo. Así mesmo as seminifinais e finais, poderanse disputar cunha duración diferente, previo acordo cos equipos implicados e a Organización, sempre que o desenvolvemnete a nivel horario sexa o axeitado.
- FORMATO TORNEO e NORMATIVA, informaremos antes de que remate a inscrición.
+ INFO: www.diadomaxibasket.org
email: info@diadomaxibasket.org
teléfono: 607 897 925 - Arturo Ferraces


















