Loading...

CLINIC ADESTRADORES

1º CLINIC CONCELLO DE CARBALLO


O Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria veñen de anunciar a celebración do “ 1º CLINIC CONCELLO DE CARBALLO ” que vaise celebrar no Pavillón Vila de Noia de Carballo, o vindeiro dia 18 de Xuño, e que tamñen conta coa colaboración do a Federación Galega de Baloncesto.


Dentro do marco da Escola de Adestradores iniciada polo club Escola Basket Xiria, que este ano dirixiu Fernando Buendía e coordinado por Arturo Ferraces, co apoio do Concello de Carballo, o Club pon en marcha unha xornada de formación para adestradores e amantes do mundo do baloncesto que acercará a Liga Endesa a nosa localidade.


O vindeiro 18 de Xuño, poderemos gozar en Carballo, da sabeduría de tres adestradores con ampla experiencia na ACB.

 

A xornada constará de tres ponencias a cargo de Oscar Lata ( Axudante en UCAM MURCIA da Liga ACB, ex adestrador de Basket Xiria), Victor Perez ( Axudante en MONBUS OBRADOIRO da liga ACB) e Jota Cuspinera, adestrador ACB de longa experiencia.

O clinic está pensado na formación do xogador, para que sirva coma referencia para os adestradores de base, e podan aplicar cos seus xogadores os coñecementos recibidos.

Unha charla pola mañán e duas na sesión de tarde, completan un gran cartel para este clinic, que convalidará 12 horas de formación nos cursos da FEGABA e que nace coa idea de converterse nun clásico de estas datas na comarca de Bergantiños e que ten xa aberto o prazo de inscripción.

  • José Ramón «Jota» Cuspinera Diéguez (Getxo – 1970). Adestrador de clubs como Estudiantes, Baskonia, Fuenlabrada ou Real Madrid ... falará do: "Uso de espazos para o desenvolvemento do xogador".
  • Victor Tomás Pérez Bermúdez, (Santiago – 1973). Adestrador axudante do Obradorio, e un dos artifices do gran traballo individual dos xogadores que pasaron polo club como ponte a Euroliga ou NBA ... falará do: "Traballo especifico das mans para a mellora dos xogadores".
  • Oscar Lata Alonso (A Coruña – 1974) ... (ex adestrador de Basket Xiria), conta cunha ampla experiencia como adestrador axudante en ACB ou Euroliga, actualmente no UCAM Murcia ... falará do: "Xogo de cara, busqueda de solucións individuais".


  • HORARIOS:

🕛 12:00h Victor Pérez. "Traballo de mans para a mellora individual"

🕟 16:30h Jota Cuspinera "Uso de espacios para o desenvolvemento do xogador"

🕡 18:30h Oscar Lata "Xogo de Cara: busqueda de solucións individuais"



Achega o xustificante de pago da cota corresponde, para formalizar a inscrición no 1º CLINIC CONCELLO DE CARBALLO organizado pola ESCOLA BASKET XIRIA, na conta bancaria seguinte:

-> CAIXA BANK - ES28 2100 6235 9002 0006 6901

-> 10€  INSCRITOS ATA O 31 Maio 2022 (PRAZO AMPLIADO ATA 5 XUÑO)

-> 20€  Inscritos a partir do 1 de Xuño 2022

Si pertences a un Club de Baloncesto, a 5º inscrición é gratuita. Ingresarase a devolución a posterior, na conta bancaria do Club correspondente a ese quinto participante.

-> Validaranse 12 horas de formación complementaria para adestradores pola Federación Galega Baloncesto.



  • LOCALIZACIÓN:

📆 Data: 18 XUÑO 2022

🏟 Lugar: Pav. Vila de Noia - Rúa Vila de Noia, s/n - 15.100 CARBALLO (A Coruña)

🧭 Coordenadas GPS: 43.21713, -8.68410

📍 Google Maps: https://goo.gl/maps/Jpf3mjHmWtvEYyeW6



  • INFORMACION:

club@escolabasketxiria.com

📞 607 847 925 ... Teléfono

607 847 824 ... Whatsapp




O último
Impresionante remontada do Infantil verde
FEGABA, Club, Xornada, Equipos Base, Equipos , Infantil Masc.
hai 19 horas
FINAL DE FASE CON VICTORIA
hai un día
Derrota do Infantil feminino na sua visita a Culleredo
hai 2 días