O CALVO BASKET XIRIA NON CONSEGUE ACCEDER A FINAL POLO ASCENSO A LIGA EBA

As 20:00 horas do sábado comezou a segunda semifinal na que o Calvo Basket Xiria e o Top Quality Cars Baloncesto Cambre medironse para lograr o pase para a final do domingo. Na primera semifinal o BBCA Castelo de San Felipe, equipo organizador desta final a 4 da loita polo ascenso a Liga EBA, venceu o Universitario Campus de Ourense por 62 a 53. 

Moitos afecionados de Carballo desplazáronse a Ferrol para presenciar o encontro. Armados con bufandas, camisetas e pintura verde nas caras non deixaron de dar ánimos a un equipo en todo encontro. O equipo de Fernando Buendía iniciou mellor o encontro e púxose por diante no marcador nos primeiros intres. Os dous equipos mostraron imprecisión nos lanzamentos exteriores e moitos puntos foron producidos tras rebotes. Os carballeses fixeron boas xogadas en conxunto e penetracións pero non estiveron finos na concreción das xogadas e nos lanzamentos do tiro libre. Chegouse o descanso con igualdade no marcador e coa sensación de que os carballeses poderían ter un renta favorable se acompoñase o acerto nos lanzamentos. 

A volta dos vestiarios os xogadores de Cambre endureceron a defensa e afinaron a puntería desde máis alá da línea de tres puntos o que lles permitiu tomar vantaxe no marcador por encima dos quince puntos. Os carballeses non puideron conter o arreón e con certa desconfianza nos lanzamentos buscaron recortar diferencias con penetracións e xogo interior. A arbitraxe foi bastante permisiva coa defensa dura de Cambre nesta fase do encontro e chegouse ó último cuarto cunha vantaxe de case vinte puntos para Cambre. No último cuarto os carballeses reencontráronse co acerto no tiro e conseguiron acercarse a 7 puntos no marcador a falta de 3 minutos para a finalización do encontro. Os afecionados de Carballo non deixaron de animar e o grito de “Sí se pode” mostraron toda a confianza e ilusión nun plantel que deu todo na pista. Unha decisión arbitral terminou de contar a remontada dos carballeses. Unha acción controvertida que podía ser sancionada con falta en ataque e agresión foi considerada polos árbitros como simulación e penalizada con tres tiros libres a favor do Cambre. Con dous minutos por disputar o acerto dos xogadores do Cambre desde a línea de tiros libres deixou o marcador final en 78 a 63.

A finalización do encontro os xogadores acercáronse o fondo da pista para agradecer o apoio recibido e estos responderon con máis aplausos premiando toda a ilusión transmitida pola plantel nesta temporada.

 

Fotos:

Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (1) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (2) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (3) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (4) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (5) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (6) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (7) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (8) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (9) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (10) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (11) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (12) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (13) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (14) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (15) Sen Mas Calvo Cambre Fase Final Mayo 19 (16)

 

Vídeos:

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*