Campaña recollida de xoguetes da Escola Basket Xiria + Cruz Vermella Carballo.

Un ano máis a Escola Basket Xiria colabora coa Campaña de recollida de Xoguetes novos (non bélicos, non sexistas) de Cruz Vermella de Carballo. 

A Cruz Vermella, co eslogan “Os seus dereitos en xogo – Coa túa axuda, teñen moito que aprender“, tentará facer realidade o desexo que temos todas e todos de que tódolos nenos e nenas da contorna reciban un agasallo este Nadal. 

Por mor da situación sanitaria, os xoguetes poderán entregarse directamente na oficina de Cruz Vermella de Carballo ata o 23 de decembro en horario de luns a xoves de 9 a 14h e de 16 a 18h e os venres de 9 a 14h.  

A Área Social da Escola Basket Xiria sempre sensible, implicada e solidaria coas causas que fomenten a igualdade e apoio ás familias na mellora da súa calidade de vida, tamén colaborará poñendo varias persoas voluntarias do club, a disposición de Cruz Vermella para colaborar na tarefa de envolver os regalos. 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*