#BasketSocial – A Escola Basket Xiria fará un recoñecemento á labor de Cáritas Bergantiños.

Este sábado 18 de xaneiro, A Escola Basket Xiria fará un recoñecemento público no descanso do partido da liga EBA na casa contra o Salamanca, da importante labor que Cáritas Interparroquial de Bergantiños realiza na nosa comunidade.

O seu presidente Francisco Suarez Calvo, comentanos que Cáritas é a organización da cuxa misión consiste en dar resposta ás realidades da pobreza e exclusión social da nosa sociedade, a través da denuncia social, a sensibilización e a loita contra a pobreza.

O principal obxectivo é a axuda ao desenvolvemento integral da dignidade de todas as persoas que se atopan nunha situación de precariedade social.

Algunhas das actividades realizadas por Caritas Interparroquial de Bergantiños son: – Servizo de acollida e atención primaria – Servizo de entrega de alimentos – Armario – Comedor sobre rodas – Comedor social – Programa sen fogar: Casa de transeúntes, albergue temporal e refuxios. – Xardíns solidarios. – Asesoramento familiar e apoio psicolóxico – Atención aos problemas de alcol e drogas – Acordo con institucións penitenciarias – Proxecto educativo “Bo Samaritano” – Cursos de alfabetización e español para extranxeiros – Cursos de formación de inserción laboral – Acompañamento a visitantes maiores e enfermos – Centro de día para maiores “Fogar de Bergantiños” en Verdillo.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*