Día Internacional da Muller 2019

8 de marzo – Día internacional da Muller.

A Escola Basket Xiria súmase ás principais reivindicacións do Día Internacional da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo. Compartimos a visión da necesidade de que a nosa sociedade debe avanzar superando os prexuízos arraigados, promovéndoa igualdade de xénero e erradicando calquera forma de discriminación en tódolos ámbitos da vida: laboral, familiar, económico, deportivo, etc.

 Asemade, continuamos manifestando a nosa total repulsa contra calquera forma de violencia, en especial contra a muller. Seguimos apostando pola educación en valores, como base para que os nosos nenos e nenas, mozos e mozas avancen cara unha sociedade en igualdade.

Esta educación e sensibilización en valores e fomento do respecto, igualdade, non discriminación, tolerancia e convivencia, é unha das prioridades da nosa filosofía e así o difundimos desde o equipo directivo da Escola Basket Xiria -formado por mulleres e homes- a tódalas persoas relacionadas coa entidade, especialmente as nosas adestradoras e adestradores, profesionais que máis estreitamente se relacionan, ensinan e educan as rapazas e rapaces que forman parte da entidade.

A Escola Basket Xiria súmase asemade, ós actos e actividades programados polo Centro de Información á Muller do Concello de Carballo, co motivo da conmemoración deste 8 de Marzo “Día Internacional da Muller”.

Deixámosvos o enlace á nova sobre o 9 da web da ONU Mulleres, organización das Nacións Unidas adicada a promover a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres: http://www.unwomen.org/es/news/stories/2018/10/announcer-iwd-2019-theme

 

WhatsApp Image 2019-03-07 at 17.26.40 (1) WhatsApp Image 2019-03-07 at 21.51.26 WhatsApp Image 2019-03-07 at 18.50.00 WhatsApp Image 2019-03-07 at 18.50.00 (1) WhatsApp Image 2019-03-07 at 17.26.40 WhatsApp Image 2019-03-07 at 17.26.50 WhatsApp Image 2019-03-07 at 17.27.51 WhatsApp Image 2019-03-07 at 18.48.16

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*