Basket Xiria rinde homenaxe á labor de APEM

O pasado sábado 12, durante o descando do partido de #LigaEBA entre o CALVO ASKET XIRIA VS Obradoiro Silleda, o clube fixo unha homenaxe como agradecemento a labor que a Asociación Pro Enfermos Mentais-APEM de Carballo está a facer no noso municipio.

Isabel Varela, psicologa da entidade, liu un manifesto en relación coa conmemoración do Dia Mundial da Saúde Mental que se celebrou o pasado xoves 10 de outubro. Este ano, baixo o lema “Conect@ coa vida”, as distintas asociacións galegas de saúde mental queren chamar a atención sobre o suicidio, un problema sanitario e social de gran relevancia en Galicia.

A ESCOLA BASKET XIRIA sempre implicada e sensibilizada coas iniciativas sociais, convidou a Asociación APEM de Carballo (Asociación Pro Enfermos Mentais) a asistir o noso primeiro partido de Liga EBA na casa ese mesmo sábado e fxemos unha foto conmemorativa.

Nésta GRAN VISITA de APEM – Asociación Pro Enfermos Mentales , o presidente de Basket Xira, Marcos Diaz Molk, fíxolles entrega dun agasallo conmemorativo por acompañarnos e disfrutar do BA LON CES TO de #LigaEBA en Concello de Carballo ‬

A ESCOLA BASKET XIRIA recoñecerá e agradecerá sempre a labor de diferentes entidades sociais da nosa contorna, en tódolos partidos da casa do equipo da Liga EBA. Seguiremos con máis nos vindeiros partidos  #BasketSolidario #XiriaSocial

>ALBUM de FOTOS PARTIDO: https://photos.app.goo.gl/jrVfjyhHpzAMujA47

>ALBUM de FOTOS ACTO APEM CARBALLO:

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*