“O baloncesto educa”, proxecto da FEGABA no que esta convidado a EB Xiria

A Federación Galega de Baloncesto impulsa o proxecto “O Baloncesto Educa”, coa colaboración de oito clubs Galegos, nos que se atopa a ESCOLA BASKET XIRIA.

Ademáis do Club Carballés, tamén participan: R.C. Celta Baloncesto, C.B. Sarria, C.B. Arxil, AD. Valle Inclán, Bosco Salesianos Ourense, Club Carmelitas Vedruna Ourense e Club Baloncesto Costa Ártabra, serán os primeiros clubs convidados a dar vida a este proxecto, que aspira a estenderse no tempo e poder contar con máis participantes en vindeiras temporadas.

Dende a ESCOLA BASKET XIRIA, queremos agradecer á Federación Galega de Baloncesto, que nos escollese como pioneiros deste fermoso proxecto, xunto cos outros sete clubs galegos, dado que esta elección refrenda o bo traballo do noso Club nas categoría base e de formación.

Experiencia piloto
Esta primeira edición de “O Baloncesto Educa” toma como referencia un equipo de categoría minibasket de cada un dos oito clubs participantes, conformando xunto a eles, así como cos seus adestradores, xogador@s e familias dos mesmos, a primeira peza dun puzzle que completan os árbitros e o persoal mediador elixido pola FEGABA para dirixir esta estrutura.

Todos os implicados pasarán a ser parte dun traballo de formación, concienciación e avaliación que comezou o pasado o vindeiro 19 de novembro. Cun calendario de reunións marcadas previamente, analizarán comportamentos, reaccións e decisións tomadas por todos durante os partidos de competición oficial. Estas validaranse posteriormente en forma de puntos, que irán acumulándose nun casilleiro para cada equipo como mostra do seu progreso.

A través desta metodoloxía, “O Baloncesto Educa” buscará premiar e recoñecer os comportamentos respectuosos e óptimos que deben rexer no Baloncesto Galego, primando a reflexión que entre todos os participantes do proxecto que se levará acabo.

Nesta vindeira xornada, da fin de semana do 10-11 de Febreiro, tócalles a estrea a un equipo da ESCOLA BASKET XIRIA, o PAZO VILARDEFRANCOS Basket Xiria. 

MINIBASKET MASCULINA CORUÑA LIGA REGULAR – 2ª FASE 

10/02/2019 – 12:30h – Pavillón Colexio Obradoiro da Coruña.

OBRADOIRO – PAZO VILARDEFRANCOS Basket Xiria

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*