A Escola Basket Xiria fai un merecido recoñecemento a ALOUMIÑOS e remata a Campaña de Xoguetes coa CRUZ VERMELLA

A ESCOLA BASKET XIRIA continúa a recoñecer e agradecer a labor das entidades sociais do noso entorno. Este sábado 21 de decembro convidamos a ALOUMIÑOS (Asociación de persoas con necesidades específicas da Costa da Morte).

No descanso do partido na casa de liga EBA do Calvo Basket Xiria contra o Ávila Auténtica (pavillón Vila de Noia – 17,30 h), faremos un breve acto e entrega de recordos.

ALOUMIÑOS é unha entidade sen ánimo de lucro que pretende levar a cabo actividades e accións que promovan a integración de todas as persoas, independentemente do seu sexo, raza ou condición, na comunidade na que conviven, centrando especial atención na poboación infantil. No ano 2018 recibiron o premio “Ao Bergantiñán do Ano”.

O sábado ALOUMIÑOS pora á venda no partido, un calendario solidario para o ano 2020, no que participron de nenos e neas dos centros educativos, polo que vos animamos a colaborar. Parécenos un agasallo moi axeitado para estas datas!

Lembrar tamén que o 22 de decembro remata o prazo da campaña de recollida de xoguetes novos en favor de Cruz Vermella, para que este Nadal ningún neno nin nena se quede sen xoguetes. Tamén podedes entregalos neste partido… ESPERAMOS A VOSA COLABORACIÓN!!!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*