VIVE O DEPORTE, DESFRUTA DO BALONCESTO NAS NOSAS PARROQUIAS COSTEIRAS

A Escola Basket Xiria (EBX) organiza a 2ª Edición deste evento de carácter lúdico, deportivo e social en pistas deportivas ó aire libre situadas en diferentes parroquias do Concello de Carballo, facendo este ano unha parada nas nosas parroquias máis costeiras.

DATAS:

NOICELA- SABADO 15 SETEMBRO – Ás 11 horas (pistas deportivas de Imende)

Parroquias veciñas convidadas: Noicela, Vilela, Rebordelos.

EQUIPOS EBX CADETE FEMENINO E MASCULINO

 

RAZO – SABADO 22 SETEMBRO – Ás 11 horas (pistas deportivas Praia de Razo – Pavillón colexio de Razo, se chove)

Parroquias veciñas convidadas: Razo, Lema, Oza.

 

EQUIPOS EBX INFANTIL FEMININO E MASCULINO

Convidamos a tódol@s veciñ@s a asistir a estas xornadas lúdico-deportivas de basket!Os nenos e nenas asistentes poderán xogar e participar cos nosos equipos!Haberá concursos e sorteos para nen@s e maiores!

 parroquias18_2

 

-COLABORA:

-CONCELLO DE CARBALLO

-CARBALLO DEPORTE

-CONSELLOS PARROQUIAIS E REPRESENTANTES VECIÑAIS de Noicela, Lema, Vilela, Rebordelos, Razo, Oza.

-DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Con esta actividade a EBX pretende achegar o deporte do baloncesto ós veciños e veciñas de diferentes parroquias empregando pistas deportivas ubicadas na súa contorna ó aire libre, cun evento de carácter lúdico, deportivo e social, onde participarán os nosos equipos infantís e cadetes, tanto femininos como masculinos, que están a iniciar a súa pretempada neste mes de setembro. Todas as persoas asistentes maiores e máis novos poderán desfrutar e participar de xeito activo neste evento.

Por outra banda a EBX pretende fomentar e difundir a práctica deportiva e os hábitos de vida saudable entre os veciños residentes en diferentes lugares de Carballo. Ademais con esta actividade poñemos en valor os recursos existentes no noso municipio, que se atopan fora do núcleo urbano.

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*