NA PRAIA DE RAZO TAMÉN SE PODE XOGAR O BALONCESTO

Hoxe celebrouse en Razo a segunda e última xornada de Baloncesto nas Parroquias II. O tempo acompañou durante a celebración da actividade donde por momentos quentou bastante o sol. Rapaces da Escola Basket Xiria acompañados por nen@s de Razo que acudiron a chamada participaron en xogos de habilidades con balóns, canastas e unha fermosa paisaxe co mar de Razo ó fondo.

Os monitores agasallaron con camisetas os rapaces novos e premiaron os gañadores dos xogos de habilidades individuais. Queremos agradecer o consello parroquial de Razo a axuda prestada na colocación de mesas e na toma de corrente para poder acompañar a xornada con música. Tamén queremos agradecer ó Concello de Carballo a colocación dos aros e redes nas pistas deportivas de Razo.

Deixamos unhas fotos da xornada e vídeos cortos.

ParroquiasRazo18 (1) ParroquiasRazo18 (2) ParroquiasRazo18 (4) ParroquiasRazo18 (5) ParroquiasRazo18 (6) ParroquiasRazo18 (7) ParroquiasRazo18 (8) ParroquiasRazo18 (9) ParroquiasRazo18 (10) ParroquiasRazo18 (11) ParroquiasRazo18 (12) ParroquiasRazo18 (13) ParroquiasRazo18 (14) ParroquiasRazo18 (15) ParroquiasRazo18 (16) ParroquiasRazo18 (17) ParroquiasRazo18 (18) ParroquiasRazo18 (19) ParroquiasRazo18 (20) ParroquiasRazo18 (21) ParroquiasRazo18 (22) ParroquiasRazo18 (23) ParroquiasRazo18 (24) ParroquiasRazo18 (25) ParroquiasRazo18 (26) ParroquiasRazo18 (27) ParroquiasRazo18 (28) ParroquiasRazo18 (29) ParroquiasRazo18 (30) ParroquiasRazo18 (31) ParroquiasRazo18 (32)

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*