
A Escola Basket Xiria dou o sí a participación nunha iniciativa da Federación Galega de Baloncesto que busca fomentar os comportamentos positivos do deporte que contribúen a formación integral dos rapaces. A iniciativa leva por título “O Baloncesto educa” e busca implicar a deportistas, familias, adestradores, árbitros e clubs/escolas deportivas para reforzar valores sociais como o respecto, civismo, xogo limpo e compromiso.
O proxecto levarase a cabo de xeito experimental durante a temporada 2018-2019 e nel participará un dos equipos da categoría de minibasket.
Deixa unha resposta