EBX CO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Un ano máis co motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres  (25 de novembro  #25N), desde a Escola Basket Xiria manifestamos o noso rexeitamento a calquera forma de violencia  contra a muller, así como calquera outra forma de violencia, e desexamos que esta lacra social se erradique dunha vez por todas. 

Do mesmo xeito, sumámonos a campaña Concellos en Negro, impulsada desde a Concellería de Igualdade e Benestar  do Concello de Carballo, e que tamén se está a desenvolver simultaneamente noutras vilas  e cidades de Galicia.

O sábado 24 de novembro,  a Escola Basket Xiria fará un breve acto para lembrar esta data como mostra de sensibilización e repulsa contra este tipo de violencia,  ó inicio dos partidos senior feminino e masculino no Pavillón Vila de Noia ás 16 h e 18 h respectivamente, contando coa presenza da concelleira de Igualdade e Benestar, Dona María Carmen Ures García.

Achegámosvos á programación de actividades impulsadas desde a dita concellaría e o Centro de Información á Muller do Concello de Carballo (CIM) e animámosvos a participar!

25N_Carballo

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*