
Dende a EBX consideramos que a práctica deportiva non debe facer discriminación por xénero. Por iso queremos dar o noso apoio a campaña de sensibilización e visualización de deporte feminino “Conquista os Elementos” promovida dende a Deputación da Coruña.
A campaña está a recorrer varias localidades da provincia e a xornada de Carballo terá lugar o mércores 31 de xaneiro ás 19:00 horas na Biblioteca Rego da Balsa.
Membros da directiva e unha representación de xogador@s asistirán o acto.
Deixa unha resposta