
Este próximo martes 4 de xaneiro ás 13 h da mañá no Local de CruzVermella, a Escola Basket Xiria presentará un ano máis a súa colaboración coa campaña lanzada por Cruz Vermella de Carballo “Os seus dereitos en xogo” para recoller xoguetes novos, non bélicos e non sexistas, para que este Nadal ningún neno, nin nena se queden sen xoguetes.
Por parte da EBX acudirá o seu Presidente Marcos Díaz Molk, por parte de Cruz Vermella estará a súa Directora Ana Veira e por parte do Concello de Carballo -quen tamén está a colaborar nesta campaña recollendo xoguetes na Biblioteca Municipal Rego da Balsa-, fará acto de presenza a Concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures.
A Escola Basket Xiria, ademais de colaborar na recollida de xoguetes, tamén colabora coa presenza de voluntarios e voluntarias da entidade (adestradores/as, xogadores/as, directivos/as, etc) durante varios días da campaña, para axudar na preparación dos paquetes e agasallos.
Información sobre a Campaña:
Campaña de colaboración da Escola Basket Xiria de recollida de Xoguetes novos para Cruz Vermella de Carballo e colaboración con voluntariado corporativo
Para a entrega dos xoguetes, podes contactar por tlf ou whatsapp no tlf 607847925 (Arturo Ferraces – Director Deportivo EBX). Tamén se recollerán por parte dos adestradores nos partidos ou adestramentos da Escola Basket Xiria. Consultar lugares e horarios de adestramentos e partidos en https://www.escolabasketxiria.com
A campaña de recollida de xoguetes rematará o 19 de decembro.
(Tamén se recollerá papel de regalo para envolver os xoguetes)
Agradecemos de antemán a vosa colaboración nestas datas tan sinaladas! E os máis pequenos e pequenas tamén volo agradecerán!
Deixa unha resposta