
A EBX súmase ás reivindicacións do Día internacional da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo. Compartimos a necesidade de que a nosa sociedade debe avanzar superando os prexuízos arraigados, promovendo a igualdade de xénero e erradicando calquera forma de descriminación en tódolos ámbitos da vida: laboral, familiar, económico, deportivo, etc. Asemade, continuamos manifestando a nosa total repulsa contra calquera forma de violencia, en especial contra a muller. Seguimos apostando pola educación en valores, como base para que os nosos nenos e nenas, mozos e mozas avancen cara unha sociedade en igualdade.
A EBX súmase asemade, ós actos e actividades programados polo Centro de Información á Muller do Concello de Carballo, co motivo da conmemoración deste 8 de Marzo ” Día Internacional da Muller”. Preme aquí para consultalos.
PROGRAMA 8 de Marzo 2018-CIM CARBALLO
Deixa unha resposta