OS SEUS DEREITOS EN XOGO – ESTE NADAL NINGUN NENO, NIN NENA, SEN XOGUETES

A Escola Basket Xiria vai colaborar na Campaña de Recollida de Xoguetes novos promovida pola Cruz Vermella de Carballo.

Para a entrega dos xoguetes, podes contactar por tlf ou whatsapp no tlf 607847925 (Arturo Ferraces – Director Deportivo EBX). Tamén se recollerán por parte dos adestradores nos partidos ou adestramentos da Escola Basket Xiria. Consultar lugares e horarios de adestramentos e partidos en http://www.carballobasket.es

A campaña de recollida de xoguetes rematará o 17 de decembro. (Tamén se recollerá papel de regalo para envolver os xoguetes)

Agradecemos de antemán a vosa colaboración nestas datas tan sinaladas!

E os máis pequenos e pequeñas tamén volo agradecerán!

Cartel_EBX_Xoguetes

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*