Liga EBA | Xornada para o Calvo Basket Xiria que recibe ó Obradoiro Silleda.

Importante partido o que disputará este sábado no pavillón Vila de Noia, entre os carballeses e o conxunto obradoirista. Xa que de gañar os CALVO Basket Xiria afianzará a súa posición na parte media da táboa clasificatoria.

Partido especial polas circuntrancias sanitarias, que nos obriga a disputalo a porta pechada… pero ahí estaremos retransmitindo e apoiando os xogadores de Fer Buendía, que a pesares dos cambios horarios dos adestramentos, debido ás novas restricións, mostrábase moi contento coa semana de adestramentos e poderá contar coa totalidade da plantilla para medirse oa Obradoiro Silleda, terceiro na clasificacioónn (6/3) con tres derrotas.

Este será o primeiro partido no que Enrique Melini, se enfrontará oa equipo e Club no que estivo os últimos tres anos logo da súa marcha temporal a Santiago. O consunto santiagúes ten un xogo rápido e dinámico que reforza co xogo interior e a gran envergadura dos seus xogadores interiores. Polo que o Calvo Basket Xiria deberá estar moi concentrado en defensa e mostranso o seu mellor xogo en ataque para pelexar polo partido e tentar unha nova vitoria.

SÍGUEO EN DIRECTO a través da canle YouTube de BASKET XIRIA

http://bit.ly/DIRECTO_CALVOBasketXiria_ObradoiroSilleda

XUNTOS, AGORA MÁIS QUE NUNCA … #AFamiliaSempreUnida

Resultados da xornada pasada e CLASIFICACION

http://baloncestoenvivo.feb.es/resultados/ligaeba/58/2020

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*