RENOVACION de RUBEN REY no CALVO BASKET XIRIA

Voltamos a contar, nesta súa segunda tempada en Carballo, cun dos xogadores nacionais máis destacados nos últimos anos en  Liga EBA.

RUBEN REY ARTIGAS, coruñés de 27 anos e 2 metros de altura, será un dos xogadores máis experimentados do Calvo Xiria, xa que completará a súa sexta tempada en Liga EBA, tralo paso por Basquet Coruña e o Baloncesto Narón.

Rubén desenvólvese na posición de pivot e pode xogar tanto de costas e preto do aro como de fronte e afastado, grazas á súa rapidez e calidade individual, que lle permite xogar en función do rival.

Con máis de 3.500 minutos e 1.619 puntos anotados, nas 6 tempadas en Liga EBA. Nas tres ultimas tempadas acadou un promedio de 16,1 puntos, 5.6 rebotes e 16,9 de Valoración, converténdose nun dos mellores xogadores da Conferencia A.

SORTE RUBEN!!!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*