Liga EBA – O Calvo Basket Xiria entra en racha positiva ao gañar claramente ao Obradoiro

Segunda victoria consecutiva, que corta a sequia de derrotas. Esta nada menos que ante o equipo B do Obradoiro CAB, o domingo en Silleda o marcador final reflexou una ampla victoria dos carballess por 54 a 92.

Traballada victoria nun partido intenso e total que se disputou o pasado domingo no Concello de Silleda entre o anfitrión, Obradoiro CAB B e o CALVO BASKET XIRIA.

Os de Carballo o tiveron moi claro dende o inicio e gracias a unha ferrea defensa e ó acerto anotador, chegaban cunna lixeira vantaxa de 11 puntos (31-42) ao descanso.

Xa na segunda parte, a pesar dos intentos do Obradoiro e ao desplegue téncico e táctico dos santiagueses, o Calvo Basket Xiria soubo manter a cabeza fria e ampliar a diferencia nesta segunda parte (23-50) ata os 27 puntos.


Para a vindeira semana recibimos en Carballo (sábado ás 17:30h) ao KFC Culleredo. Esperamos contar co apoio da aficción para seguir en racha positiva!!!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*