
Gran partido o disputado en León polo conxunto carballés, no que demostraron que xogando con confianza, seriedade e contundencia na defensa, é posible conseguir amplos triunfos.
Forte ritmo de partido por ambos equipos no 1ºQ, co que se acadou un resultado de 24/20 para os locais. Contrataques e bo porcentaxes de tiros nos dous bandos en triplas (León 43%) e de 2 puntos (Xiria 61,5%).
Xa na segunda parte, o Calvo Basket Xiria, logo de aguantar o envite do equipo leonés, comezou a desplegar o seu xogo. Onde todos querian sumar, pero destacou o base Arxentino, Bruno Pallotti con case a metade de puntos que o seu equipo. O resultado neste parcial foi de 17-24, para chegar oa descando cunha lixeira vanxata para o Calvo Xiria de 41 a 44.
O terceiro cuarto, moi similar oa segundo, cunha gran defensa dos carballeses, que non deixaban anotar aos locais, a pesares de acadar éstes máis rebotes e segundas oportunidades de tiro. A partir de aqui a diferencia de xogo, mancando os tempos o Calvo Basket Xiria, fixo chegar neste parcial (15-23) o marcador a 56 a 67 (+11 puntos).
Xa no ultimo tempo, o Calvo Xiria, soubo administrar a vantaxa que tiña contra o ULE RHB Golbal Basket León, e incluso aumentala lixeiramente, xa cun partido decidido e controlado polo equipo carballés. Neste tempo final, o resultado parcial foi de 23-26, para rematar o partido en 79 a 93 (+14).

💚 CALVO BASKET XIRIA 🆚 Gijón Basket
🏟 PAVILLÓN Vila de Noia – CARBALLO
📆 DIA: mércores 23/12/2020 – ⏰ HORA: 21h
Próximo partido en #CarballoenEBA
Deixa unha resposta