FER BUENDÍA VOLVERÁ A ADESTRAR O CALVO BASKET XIRIA NA LIGA EBA, NA VINDEIRA TEMPADA 2020/21.

Fernando Buendía García @ferbailongo – (A Coruña, 1980). É Adestrador Superior desde 2011, esta será a súa terceira tempada dirixindo ao equipo CARBALLÉS, segunda consecutiva na Liga EBA, logo de adestralos en 2018/19 na 1ª División Autonómica.

Carballo, a 30 de Xullo de 2020.

Esta semana pechouse o acordo de renovación entre Fernando Buendía e a Escola Basket Xiria, para seguir traballando xuntos de cara a vindeira tempada en Liga EBA e dar continuidade o proxecto empezado fai xa 3 anos. Durante estes días completarase o “Staff” técnico do CALVO BASKET XIRIA, así como as renovacións e fichaxes ata completar a plantilla.

É notoria a súa vocación pola formación de mozos xogadores, e foi un habitual colaborador nos últimos anos da Federación Galega, sendo seleccionador galego durante cinco tempadas onde coincidiu con varios xogadores de Xiria (Jorge Guillamet, Pablo Moreira, Jonathan Barreiro).

Traxectoria Deportiva

  • Adestrador CALVO BASKET XIRIA (Autonómica + Liga EBA).

Escola Basket Xiria. Dende Tempada 2018/19 á actual – 3 anos

  • Adestrador LF2 (Liga Feminina 2).

Club Ensino de Lugo. Tempada 2017/18

  • Adestrador Primeira Nacional Feminina.

Club Maristas Coruña. Tempada 2016/17

  • Adestrador Equipo Filial (Autonómica + Liga EBA).
  • Responsable Canteira.

Club Basquet Coruña. Dende Tempada 2007/08 á 2015/2016 – 9 anos

  • Seleccionador Galego en diferentes categorías.

Federación Galega de Baloncesto. Dende 2010 a 2015 – 5 anos

PRENSA Escola Basket Xiria.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*