ENRIQUE MELINI, PRIMEIRA FICHAXE DO CALVO BASKET XIRIA 2020/21.

Volta a Carballo, tras 4 anos no filial do Obadioiro CAB, o que será sen dúbida XOGADOR REFERENTE no novo proxecto en LIGA EBA do CALVO BASKET XIRIA na tempada 2020/21 do conxunto carballés.

ENRIQUE MELINI POSE (Carballo Febreiro do 2000), xogador xoven, versátil e con proxección. É un xogador con gran madurez, disposto a facer o que o equipo necesite en cada momento. Moi bo defensor, podendo defender ata en catro posicións con intensidade e dureza.

Pertence á xeración do 2.000, que tantas aleGrías deu aos aficcionados carballeses, xogando o Club dous campionatos de España en Infantil e Cadete, cos seu equipo CARBALLO A UN PASO BASKET XIRIA. Mide 1,98m e xoga na posición de aleiro, pero podendo alternar outras posicións, grazas ao seu bó físico.

Formado na canteira da Escola Basket Xiria, foi un habitual nas seleccións galegas e das primeiras concentracións da Selección Española. Debutou en EBA co Obradoiro CAB, sendo xogador en idade Júnior.

SORTE ENRIQUE!!!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*