Definidos os equipos contra os que xogara o CALVO BASKET XIRIA na liga EBA, nesta tempada 20/21

A Federación Española de Baloncesto notificou o pasado xoves os equipos da Conferencia “A”, cos 3 subgrupos, donde participara o CALVO BASKET XIRIA.

A través da Federación Galega de Baloncesto, a F.E.B., notificou ós 33 equipos participantes na “Conferencia A” da Liga EBA, a división en 3 subgupos de 11 equipos cada un, para a tempada 2020/21.

Aínda sen coñecer a data definitiva do comenzo da competición, estes son os equipos participantes no Subgrupo “A-C” ós que se enfrontará e disputará por segundo ano consecutivo, nesta segunda época (a primeira de 2006 a 2012), a Liga EBA o CALVO BASKET XIRIA . Destacar a reducción de viaxes fora de Galcia, xa que seremos 8 equipos Galegos, 2 Leoneses e 1 Asturiano.

Gijón Basket Asturias Grupo AC
ULE RBH Global Basket León Castela e León Grupo AC
Agustino Leclerc Castela e León Grupo AC
CALVO BASKET XIRIA Galicia Grupo AC
Obradoiro Silleda Galicia Grupo AC
KFC Culleredo Galicia Grupo AC
Estudiantes Lugo Leyma Natura Galicia Grupo AC
UCOGA Seguros Chantada Galicia Grupo AC
Porriño Baloncesto Base Galicia Grupo AC
Santo Domingo Betanzos Galicia Grupo AC
CB Costa artabra Galicia Grupo AC

Esta competición de Liga E.B.A. Grupo  “A”,  concertada entre as Federacións Autonómicas de ASTURIAS, CANTABRIA, CASTELA-LEON, GALICIA, A RIOXA,  EUSKADI e NAVARRA, estará composta por 33 equipos das citadas Federacións  e dividida  en  tres  Subgrupos  “A-A”,   “A-B”  e  “A-C”. 

Para  determinar a composición  de cada un dos subgrupos,  a FEB fai unha distribución   xeográfica por proximidade entre os equipos con dereito deportivo  a inscribirse.  Para chegar a esta distribución tomouse coma referencia, o equipo inscrito   inicialmente    máis  ó  este  para  el Subgrupo  “A-A”,  o  equipo  máis centrado  para  el Subgrupo  “A-B”  e o equipo  inscrito  máis ó oeste para o Subgrupo  “A-C” (equipos de Galicia).

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*