CONFIRMANSE A RENOVACION do carballés JORGE GUILLAMET no CALVO BASKET XIRIA

Nesta semana pasada pechouse a renovación do base JORGE GUILLAMET, no CALVO BASKET XIRIA, nesta súa tempada en Liga EBA.

Jorge  Guillamet Suárez, o base carballés de 23 anos, renova na súa sexta tempada no Club. Guillamet  é un dos máis destacados xogadores de categorías inferiores dos últimos anos en Carballo; formado en CB Artai, cumpre agora a súa quinta tempada en  Basket Xiria, onde se converteu nun xogador fundamental na liña exterior debido á súa capacidade defensiva e á habilidade de desequilibrar no 1×1.

O xogador debutou a pasada tempada na Liga EBA  converténdose así nun dos contados xogadores carballeses que alcanzaron esta competición. Jorge foi un habitual de seleccións galegas en categorías inferiores (onde xa coincidiu co Adestrador Fer Buendía, e varios xogadores da tempada pasada, coma Martín Bello e Pablo Lopez-Pizarro) e mesmo rexeitara xogar en EBA con outros equipos; a oportunidade de disputala agora no equipo da súa cidade  e facela nun grupo xa coñecido cun gran ambiente, supón unha dose extra de ilusión, que seguro permitirá ao xogador dar un paso adiante no seu compromiso, motivación e ilusión.

Será a 2ª tempada na Liga EBA do base carballés JORGE GUILLAMET

PRENSA Escola Basket Xiria.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*