Derrota no debut para o CALVO BASKET XIRIA no primeiro encontro da tempada 2020/21

Por 8 puntos perdeu o seu primeiro encontro o Calvo Basket Xiria, ante un duro e correoso rival, o UCOGA CB Chantada.

Puido ser un resultado diferente, pero os carballeses loitaron ata o final do encontro (+4 puntos a 1min do final), pero o mal inicio de partido cun 1ºQ 23-16, foi difícil de “levantar”, ante un rival máis rodado en partidos e adestramentos.

No descando o marcador reflexaba un tanteo de 40-31 e cun Basket Xiria mais centrado, pero o bo oficio dos chantadinos, lograron frear as envestidas dos carballeses e quedar cunha cómoda vantaxa de 9 puntos.

Xa no reinicio de partido os chantadinos intentaron cerrar o encontro e o Calvo Xiria foi quen de frear as envestidas locais, para cerrar o 3Q no electrónico cun marcador de 60-46, con claro dominio do CB Chantada.

Xa no último tempo, os carballeses sen tanto presión, desplegaron o mellor xogo, cunha forte e insistente defensa, que sumado ao acerto anotador (Martín Bello 18 ptos e Bruno pallotti 16 ptos.), fixeron un tanteo de 16 a 22 … pero insuficiente para gañar o encontro. Que debido ás faltas persoais do final e os tiros libres anotados polo Ucoga Chantada, levou ó marcador final a 8 puntos de diferencia (76-68).

De cara á vindeira semana, o adestrador Fer Buendía, limará os detalles necesarios para que o debút (SABADO 14) en Carballo fronte ao CBB COSTA ARTABRA poida resultar positivo, non só no xogo, senón tamén no marcador e celebrar a nosa primeira victoria desta tempada.

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*