MATEO E JACOBO ESTARÁN COA SELECCION GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Os nosos xogadores Mateo Cambón e Jacobo Rey están convocados coa selección galega de minibasket masculino para a última concentración do plantel. A concentración terá lugar na Estrada o domingo 18 de marzo e servirá para facer os últimos adestramentos antes da disputa do Campeonato de España de Seleccións que se vai celebrar en San Fernando (Cádiz) do 24 o 28 de marzo.

 

Torneo Seleccions Minibasket (5)

                                                 Mateo Cambón (EBX de Laracha)   e    Jacobo Rey (EBX de Carballo) 

 

As sensacións que transmite o combinado son moi boas. O plantel de xogadores compenétrase moi ben xa que cada un deles aporta o mellor de sí servindo o colectivo.

No torneo celebrado o pasado fin de semana en Mirando de Ebro a selección galega dou mostras de encontrarse ben preparada. Venceu os tres encontros amigables que disputou fronte as seleccións de Castela-León, Euskadi e Asturias cos seguintes marcadores:

Sábado 10/03/2018
16:00h – CASTELA E LEÓN 48–66 GALICIA

Domingo 11/03/2018
11:30h – EUSKADI 57–90 GALICIA 
15:45h – GALICIA 71–55 ASTURIAS 

Ánimo rapaces e a seguir traballando para non deixar de mellorar!

 Torneo Seleccions Minibasket (7)

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*