Junior Masc | Doble xornada contra o Basquet Coruña e sendas derrotas nesta fin de semana para o ORTODIX BASKET Xiria Artai

A acumulación do número de perdas contra unha defensa presionante, que non soubemos superar debido primeiramente.

Esta fin de semana disputamos senllos enfrontamentos contra Basquet Coruña, poñendo ao día a xornada aprazada anteriormente por motivos de saúde. 

Ambos partidos tiveron signos similares na disputa. O incumprimento das nosas normas ofensivas e segundamente por mala execución táctica dos pases, foron outros doas aspectos neagtocos dos noso xogadores. Isto posibilitou que os coruñeses anotasen sen oposición en posicións próximas, diminuíndo o noso número de posesións.

Así mesmo o noso nulo bloqueo do rebote propiciou que xogasen con segundas opcións, executadas estas en situacións de alta porcentaxe. Debemos aprender a competir co contacto do rival, aínda que o seu físico sexa maior que o noso.

Como aspectos positivos podemos subliñar que nos momentos que estamos concentrados somos capaces de executar as nosas normas de xogo, reboteando, lanzando o contraataque sen perdas absurdas e aproveitando as opcións que nos ofrecen as superioridades debido a unha boa lectura táctica.

Nestes minutos bos nos que non encadeamos erros, aínda non tendo acerto en cara ao aro somos capaces de executar un bo xogo colectivo a través de investir o balón e dar un pase máis. Así somos capaces de mellorar a nosa actitude e a nosa linguaxe corporal aínda que non nos acompañe o acerto de fronte ao aro, sendo conscientes que executamos a mellor opción e consecuentemente non encadear erros e pálpase unha mellora actitudinal importante tanto individual como colectivamente.

Sendo conscientes de todos estes factores e matices debemos ser constantes no traballo asumindo acertos e erros como parte intrínsica do xogo. Hai que asumir que todo isto forma parte dun proceso de mellora tanto de xogadores como de equipo debemos mellorar competindo.

REPORTAXE FOTOS PARTIDO por Juan Carlos Castro Pombo

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*