Senior FEM | Tras tres meses de parón o DIMOLK Basket Xiria Artai retorna á competición.

O equipo dirixido por Héctor Añón cae na Coruña ante o Esclavas Trebóns por oito puntos de diferencia e cun marcador moi baixo, froito dos erros de ámbos equipos, en parte deribado polo parón da competición.

Volta a competición para as nosas xogadoras , que volvían a competir despois de mais de 3 meses de parón , factor que foi determinante de cara o resultado final sumado as baixas de Iria Sánchez , Paula e Sabela .

O primeiro cuarto sería de imprecisións para os dous equipos con moitos erros sinxelos por parte dos dous equipos deixando de anotar canastras moi sinxelas e que deixaban un baixo marcador o finalizar o premer cuarto nun resultado de 7-8.

No segundo cuarto o xogo melloraría tanto en ataque como en defensa , pero o problema seguía sendo o mesmo , xenerábanse boas situacións de tiro pero o acerto era mínimo incluso errando bandexas doadas, pero o equipo local tamén cometería erros dándonos vida para a segunda parte sendo a diferenza mínima o descanso, 16-13.

Tras o descanso todo seguiría igual , e con so 3 puntos en 10 minutos facían moi difícil pensar nun bo resultado de cara o final e facía que as locais colleran marxe para afrontar os últimos 10 minutos, 23-16.

No último cuarto as canastras que se erraron nos minutos anteriores conseguíanse anotar neste , pero Trebóns tamén o faría sobre todo dende a liña de 3 puntos o que facía imposible que o Dimolk conseguira sacar a vitoria , e sumando unha nova derrota pola mínima 35-27.

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*