JUNIOR | Insperada derrota a sufrida en Carballo polo ORTODIX Basket Xiria Artai.

Partido desputado entre dous dos aspirantes a meterse entre as dúas primeira posicións, e que ofreceron un partido de escasísimo acerto e con guarismos ofensivos moi baixo.

O partido empezaba con pouco acerto por parte de ambos equipos, pero con un equipo Local de Ortodix que grazas a recuperacións defensivas e ó seu dominio do rebote tiña lixeiras ventaxas a pesar de empezar errando os 6 primeiros tiros libres.

Dani Castro, anotaba tres canastas seguidas, que poñian o resultado en 11 – 5. A segunda falta de Antón levabao ó banco no minuto 5 e iso iba a parar o xogo local.
O segundo cuarto, o equipo visitante sube o seu ritmo e móstrase mais agresivo en situacións de 1×1, e duas triplas de Iago empatan o partido no momento de chegar ó descanso.

Tras o descanso xa non lle mellora o panorama para os locais, quenes son incapaces de anotar unha tripla en todo o partido e
ademais perden o dominio do rebote, polo que as súas opcións de anotar redúcense ante a falla de acerto.
O equipo visitante, guiado polo xogo de Iago , abre diferencias e logra unha ventaxa de 10 puntos que tal como transcurre o partido, son unha losa para un equipo local que non ve manera de anotar con fluidez.


Queda mellorar de cara ó partido de volta para tentar recuperar opcións de buscala segunda posición.


Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*