Infantiles | Derrota para o DENTAL NOA GARCIA masculino e clara victoria do TURISMO CARBALLO feminino

Nesta xornada xogábase un apaixoante “derbi” carballés e o CB Artai Carnicería Daniel levouse a victoria por 1 punto, nun apaixoante e deportivo encontro entre amigos. No tocante ó equipo Feminino, xogaba o partios en Coruña e colleitou unha clara vitoria contra as amigas do Basquet Coruña.

CADETE FEMININO:

Terceiro partido da liga regular , onde chegaría a primeira vitoria para o Turismos Carballo , que a pesar do resultado final , sería un partido moi apertado.
O Primeiro cuarto sería moi axustado cos dous equipos moi metidos no encontro onde se conseguirían canastras sinxelas e que ámbolos equipos conseguían anotar o que deixaba o marcador moi axustado 10-13.

O segundo cuarto sería de dominio local que encontraba a debilidade das nosas , e que tras o rebote ofensivo conseguiría anotar despois de gozar de máis de dúas oportunidades por ataque para anotar , deixando o partido empatado para afrontar os derradeiros últimos minutos 25-25.

Tras o descanso nada cambiaría e as locais conseguían anotar a maior parte das canastras tras rebote ofensivo e as nosas tras canastras a contra , o que facía que o marcador seguira a empate antes de afrontar o cuarto final 35-35.
Un último cuarto impresionante , o mellor da tempada por parte do Turismos Carballo , sendo capaces de dominar o rebote defensivo o que facía que o equipo saíra a contra con mais facilidade xerando situacións cómodas de vtiro , onde se conseguía anotar facía que as nosas conseguiran unha merecida vitoria moi desexada por todos , con un marcador final de 43- 61.


CADETE MASCULINO:

Partido correspondente á terceira xornada de liga, no pavillón Vila de Noia, onde continuouse mellorando pese a sufrir unha nova derrota nun partido moi axustado que se decidiu nos últimos intres.
O partido comezou con pouco ritmo por parte dos dous equipos, que non conseguían correr e ata o final do cuarto non anotaban con certa fluidez. Remataba o período con vantaxe para os locais por 3 puntos (13-10).

No segundo período, o Xiria incrementaba a súa tensión defensiva e lograba recuperacións seguidas de contraataques, o que lle daba unha certa vantaxe de 9 puntos cando se chegaba á metade do partido.
Tras o descanso volvía a baixar a intensidade defensiva, pero os visitantes mostraban unha mellor actitude tentando anotar de contraataque, pese a iso, o Xiria lograba anotar en estático e facía que non variara moito a diferenza no marcador e chegábase o último cuarto cun marcador de 42-32.

Outra vez no último cuarto os locais non souberon xogar os instantes finais e cun cúmulo enorme de erros no tramo final do partido tiraba toda a vantaxe do partido e Artai levábase o partido tras un bo último cuarto onde aproveitou a superioridade no rebote. 54-55.

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*