Unha nova victoria en Cadete Feminino do Xestoria Queijo

Partido serio e traballado dende os inicios, cimentado nuha boa defensa e acerto de cara ó aro rival.

O encontro presentábase complicado dende o principio xa que o equipo local presentaba unha defensa zoal dende o primeiro segundo , as cinco xogadoras encerradas dentro da zona e esperando o erro no tiro para saír a contra o que facía que o marcador fora axustado e de pouca anotación 6-12.

No segundo cuarto a cousa seguiría igual , pero as nosas con unha presión moi alta e roubando o balón facilmente , conseguindo así que as locais non se encerraran atrás, as nosas conseguían unha boa vantaxe o descanso 16-34.

Tras o paso polos vestiarios chegaría o cuarto máis igualado (14-14) e deixaría a mesma distancia no marcador o finalizar o terceiro cuarto 30-48.

Un último cuarto sen baixar a intensidade en defensa deixaba uns dos mellores 10 minutos de todo o encontro cerrando así o encontro , e dando a vitoria as nosas por 36-65.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*