Senior Zonal: Volta á senda do triunfo para o Dimolk Basket Xiria Artai.

Gran dominio do Dimolk ante o CB Arteixo, que salvo o segundo cuarto (20-20), dominou durante todo o encontro.

Partido que comezaban dominando os carballeses con moi bo xogo e encontrando boas situacións de canastra  (18-9).

O segundo cuarto comezaría co mesmo nivel en ataque co primeiro período, pero o nivel defensivo baixaría considerablemente con respecto o primeiro cuarto e chegaríase o descanso con vitoria para o Dimolk por 29 a 38.

Tras o descanso os locais sairían máis enchufados o partido , xuntándose ca relaxación dos nosos , o Arteixo axustaría o marcador a menos de cinco puntos , pero o equipo daría un paso adiante en defensa e tan so en dous minutos volvería a coller unha cómoda vantaxe o finalizar o terceiro cuarto 41-53.

O último cuarto os carballeses aumentarían a  diferenza para así conseguir a vitoria no que os doce xogadores contarían con minutos para xogar .

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*