Senior 3ªDiv: ADFRO 67 – 66 DIMOLK Basket Xiria Artai

Derrota pola mínima do equipo sénior, na 3ª División Zonal, nos ultimos instantes do partido, cun último tiro errado que deu a vicoria ao conxunto local.

O encontro comezaba cos dous equipos moi inspirados  en ataque non tanto en aspectos defensivos como así o reflexaba o final do primeiro cuarto con un marcador de empate a 21.

O segundo cuarto seguiría igual para os locais con canastras fáciles debido o pouco nivel defensivo dos nosos , o que facía que o descanso os equipo de ADFRO se impuxera con facilidade por 38-29.

A saída do descanso veríase a mellor versión do equipo nos dous lados do campo guiados en ataque por Luciano e Fran , e en defensa por unha moi boa defensa colectiva faría que o marcador o finalizar o terceiro cuarto fora de 50-53.

Un último cuarto igual de bo que o anterior faría que a falta de 1 minuto para rematar o encontro o Dimolk gañara por 61-66.

Pero duas malas defensas dos nosos deixando completamente só o seu mellor tirador anotando así duas triplas e poñendo a ADFRO a falta de 20 segundo para rematar 66-65. O Dimolk contaría co último tiro por parte de Luciano para gañar pero que erraría para dar a vitoria os locais nun final moi apertado.

O Dimolk presentou as baixas de Tato por lesión e de Xabi por gripe .

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*