Premini. Xornada divertida e resultados desiguais, nos tres equipos Benxamíns de Basket Xiria

Tan só unha victoria do EDM Ponteceso Basket Xiria e dúas derrotas de Xiria Duacode 2010 e Xiria Carballo 2011

-> XIRIA DUACODE 2010

Debemos afrontar esta segunda fase da competición aprendendo a competir contra rivais superiores no aspecto físico e no apartado técnico.

No inicio do partido non puidemos superar a presión defensiva dos coruñeses e practicamente non podiamos driblar, pasar e por suposto tampouco lanzabamos a canastra en sitios onde puidésemos acertar.

Durante un par de períodos fomos capaces de mellorar en canto á maneira de competir e todo viña dado porque igualamos a velocidade á que corría o noso rival, e mostrabámonos máis vivos no campo.

Os restantes períodos fomos cunha ou dúas marchas menos que os laranxas e aprendemos que para tentar emparellarnos, debemos correr máis que os nosos opoñentes.


-> XIRIA CARBALLO 2011

Partido realizado de local en nuestro pabellon, nuevamente frente a Artai B, debido que por calendario tendriamos que jugar vs Baio pero no pudo ser, asi que adelantamos fecha y nos enfrentamos a nuestros compañeros de localidad en un lindo partido por la tarde del sábado.

Buen juego y participación de los nuestros. Felicidades , ya que estamos mejorando en muchas acciones técnicas.

Contamos con la colaboración como árbitros por primera vez de nuestras infantiles femenino como Laura y Uxia . Muchas gracias!


-> EDM PONTECESO BASKET XIRIA

Moitas imprecisións e moitos erros por parte dos dous contendentes durante o partido matinal.

Os dous equipos puxeron empeño aínda que non estiveran acertados, incrementando a parte física ante tanto desatino de cara ao aro rival.

Deportividade e competición benxamín reinaron no encontro que se decidiu nos últimos minutos do mesmo

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*