Premini 2010 – Cara e Cruz para o Xiria Duacode 2010

O conxunto alevín tiña dobre xornada que saldouse cunha derrota contra Bentanzos, e una ampla victoria contra Cambre

  • XIRIA DUACODE 2010 vs SANTO DOMINGO de BETANZOS

Demasiada superioridade a exhibida polos  betanzeiros desde o inicio do partido, no que comezaban cunha presión a toda pista que non eramos capaces de superior nin co bote de velocidade nin con bos e efectivos pases.

Esa vantaxe foi patente durante todo o partido e resulta ser unha lección máis para os nosos pequenos baloncestistas que deben aprender a adestrar e competir con máis intensidade independentemente de logro de puntos a favor no marcador.

Existen outros aspectos importantes e relativos ao xogo que podemos cualificar como de mellora que hai que tratar de alcanzar, e non só as canastras convertidas.


  • XIRIA DUACODE 2010 vs SANTO DOMINGO de CB CAMBRE

O segundo partido disputado esta fin de semana de xornada dobre, os nosos tiveron unha correcta actuación de todos os xogadores que entraron en pista dominando o xogo desde o principio.

Na nosa contra hai que dicir que nos falta velocidade de reacción cando temos que cambiar de ataque a defensa ou ao revés, e velocidade nas decisións, abusando do bote cando debemos pasarnos o balón.

Eses hándicaps na defensa do 1 c1 por temas físicos, onde debemos mover os pés constantemente, e os erros nas decisións onde debemos levantar a vista, mirar e ler o xogo fan que xoguemos a menor ritmo do que poderiamos.

Toca mellorar nas maneiras coas que adestramos e asimilar mellor todas as correccións.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*