Minibasket: Sendos triunfos para os alevíns 2008 e 2009

Os dous equipos Mini colleitaron victorias nos seus respectivos encontros ante o Basquet Coruña e Dominicos.

XIRIA 2008 DUACODE

O equipo Xiria Duacode 08 se efrento este domingo contra Basket Coruña. Os xogadores saíron moi acertados desde primeiro momento.

Soubemos correr e compartir o balon e iso foi o que nos axudo a levar unha vitoria cunha grande diferenza (49-87). Esta vitoria vai axudar para seguir traballando xa que vimos dunha mala serie de 3 partidos perdidos seguidos. Forza Xiria!


XIRIA 2009 CARBALLO

Partido moi igualado o desputado o pasado sábado, entre Xiria Carballo 09 e Dominicos, no que houbo catro periodos que acabaron con igualdade no marcador, e dous no que as ventaxas a carón de dos carballeses foron de 7 puntos, o que fixo que o partido chegara ao ultimo período, con todo en xogo e so 8 puntos de ventaxa para os nosos.

Nestes últimos 8 minutos, outros 7 puntos de ventaxa, acabaron por dar unha ventaxa clara que non refrexa a igualdade no marcador e no xogo. O partido foi un choque de estilos, entre un equipo cun gran despliegue físiico, correndo rápido o campo e sendo moi agresivos nos rebotes e balóns soltos, e un equipo carballés, que amosaba unha mellor calidade técnica individual, pero cun xogo moi parado, con xogadores moi inactivos cando non teñen o balón, e que non son agresivos na disputa.

Con estas características, os colexiais anotaron moitos puntos en segundas oportunidades y en xogadas de contraataque,e os carballeses en situacións de 1×1 e tiro exterior, xa que non foi un partido no que abundara o traballo do pase por parte de Xiria, moitas veces pola inseguridade do pasador e outras moitas veces, polo pouco que se ofrecían os xogadores que tiñan que recibilo. A seguir adestrando técnicamente e a mellorar a capacidade competitiva e agresividade ben entendida.

O mellor , outra vez o compromiso dos xogadores co equipo e a alta asistencia que seguen mantendo aos adestramentos e partidos.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*