Minibasket: Mala xornada para os equipos alevíns de Basket Xiria

Duas derrotas en sendos partidos para os MiniBasket XIRIA DUACODE 2008 e XIRIA CARBALLO 2009, que perderon os seus partidos fronte ó Colexio Obradoiro e KFC Culleredo.

>> CRONICA XIRIA DUACODE 2008

Os de Obradoiro souberon correr e asi facernos o dano. Tamen estiveron bastante acertados desde linea de tres.

Na primeira parte perdemos moitos balóns porque o equipo non se encontro comodo, sen embargo segunda parte soubemos pararlles no 1 x 1, o que nos axudou a baixar a diferenza no marcador.

O mais importante é que equipo o paso ben!


>> CRONICA XIRIA CARBALLO 2009

Partido moi disputado, no que houbo catro periodos de máxima igualdade e outros dous moi desiguais , un para cada equipo. O partido comeza con xogo moi igualado, no que a superioridade fisica dos xogadores de Culleredo, vese igualada polo esforzo e bo xogo dos carballeses, que son capaces de anotar en situacións de 5×5 e controlar bastante o rebote ofensivo do rival, o que fai que os dous primeiros periodos acaben cun resultado de 18-20.

O tercer periodo, resulta sorprendente, xa que os carballeses non son capaces de opoñer resistencia, e parece coma se o cansancio aparecese de súpeto no quinteto que había na pista e non son quen de baixar a defender , encaixando canastas de 1×0 continuamente, e en ataque perdendo os balóns xa sexa no dribling ou nos pases.Resulatdo de 22-2 que nos leva ao descanso.

Tras a reanudacion, son os de Culleredo os que comezan a encadear erros e non son capaces de superar a defensa de Xiria, en un gran esforzo encabezado por Roi, os carballeses son capaces de voltar ao partido remontando 12 puntos, e colocandose a 8 con dous periodos por disputarse.

Os últimos minutos foron de máxima igualdade, cun Xiria mais agresivo e acertado que da man outra vez de Roi e o acerto final da premini Andrea (que anotou 7 puntos consecutivos), logrou situarse a tres puntos, pero sen tempo para poder culminar a remontada.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*