Minibasket – Escapouse a victoria no último segundo ao fallar unha tripla.

Partido moi igualado durante todo o encontro, que ao final perdemos por tan só 1 punto de diferencia contra Compañía de María.

Primeiro partido da segunda fase, e tal como se preveía , resultou  un partido do máis igualado.

Nos primeiros periodos, o equipo de Carballo era quen de impoñer  a sua maior altura e dominio do rebote, para pouco a pouco, canastra a canastas, conseguir chegar ao descanso con 8 puntos de ventaxe, ainda que abusnado do xogo mais individualizado do que sería desexable;

Tras o descanso, a aparición  do cansancio fai que as situsacións de 1×1 xa non resulten gañadoras e  múltiples perdas de balón tratando de crear superioridades a través do dribling, levan a o equipo a  encaixar un parcial no cuarto periodo de 13 – 4 , deixando o partido igualado  cara aos dous últimos periodos.

Nos dous últimos periodos, os colexiais coruñeses mostran maior dinamismo, frescura e conseguen moitas situacións de ventaxa co xogo de transición, ante o pouco balance defensivo dos Carballese;  O  Xiria, mantense no marcador en situacions de aciertos individuaise por dominio do rebote neses momentos.

Ao final, último ataque fallado por Xiria cun lanzamento de 3 puntos desde moi lonxe,  que impide darlle a volta a un partido, ben gañado por Cia de Maria, e  que resultou entretido pola igualdade do marcador.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*