Junior Masc: Liceo LaPaz 42 – 83 ORTODIX Basket Xiria Artai

A pesar de comenzar o partido con certos descoidos nos axustes defensivos, o equipo fixo un bo esforzo durante gran parte dos minutos ata acadar a victoria.

Comezamos o partido con certos descoidos nos axustes defensivos, con pouca actividade e comunicación nas situacións de axuda desde o lado contrario; con todo eramos capaces de defender os  missmatch con agresividade no poste baixo, aínda que nos custou encaixar puntos preto do aro. En ataque resolviamos ben os contraataques, e mal as superioridades equivocándonos no último pase; o noso xogo sen balón producía puntos mercé ao bo movemento.

Durante o segundo cuarto  practicamente repítese o mesmo guión que ao comezo; os nosos acertos e os nosos erros eran case idénticos aínda que cambiasen os protagonistas dos mesmos debido ás rotacións.

Tras o descanso o equipo local trata de cambiar defensivamente o guión mostrado ata o momento; xórdennos algunhas dúbidas, aínda que despois dese momento comezamos a atacar ben a súa defensa zonal exposta co acerto exterior, o movemento do balón, o xogo entre interiores e o rebote ofensivo. Ese desexo non nos achega o equilibrio do balance cara ao noso aro e permitimos bandexas por parte do equipo  liceísta. Nesta segunda parte encaixamos demasiados puntos de bandexa.

No último período co partido case resolvido non solucionamos o problema do seu contraataque e o noso xogo ofensivo abusaba de accións individuais.

Fixemos un bo esforzo durante gran parte dos minutos, aínda que nos deixamos levar a partir de ver unha diferenza no marcador que non facía perigar a vitoria.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*