Infantil Masculino: Traballada victoria con emoción no último segundo, para o Dental Noa García

O domingo no Pazo de Arteixo, acadouse a terceira vitoria consecutiva, que supón a oitava da tempada.

Nada que ver co partido de ida, os arteixáns amosaban unha gran melloría sobre todo en canto a finalizacións e conseguían as primeiras vantaxes do partido chegando ó final do cuarto cun 15-12, nun bo partido de ambos equipos.

Ambos equipos demostraban bos ataques, compartindo a bola e xogando un bo baloncesto a nivel de espazos, pero a superioridade no rebote dos locais facía que a vantaxe se ampliara aínda máis conseguindo chegar ó descanso cunha diferenza de 5 puntos.

O bo nivel dos carballeses a nivel ofensivo mantívose na segunda metade, pero melloraba na defensa e no rebote, e a diferenza reducíase a so dous puntos cando remataba o terceiro período.

O comezo do último cuarto foi de moi alta anotación, e as alternativas no marcador eran unha constante, pero nos minutos finais os nervios apoderábanse dos xogadores, que perdían bolas e fallaban canastras sinxelas e tiros libres. Finalmente o partido foi para os carballeses por 57-58 nun partido que pido caer para calquera os dous equipos.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*