Infantil Masculino: Maristas Champagnat 77 – 26 Dental Noa García Cañizo XIRIA

Chegou a terceira derrota da tempada, nun partido dominado en todo momento polos locais, moi superiores.

Xa dende o inicio viuse que o equipo de Maristas era moi superior, e castigaba con canastra de contraataque cada tiro fallado ou perda de balón. Os carballeses amosaban moito falto de ritmo defensivo en encaixaban ata 36 puntos neste período.

Foi mellor en defensa o segundo cuarto, mellorábase o balance defensivo e conseguíase recibir menos puntos, pero en ataque non aparecían ideas e chegábase ó descanso co marcador de 46-10.

Na segunda metade puidéronse os mellores momentos dos visitantes, algunha situación colectiva en ataque e pelexando cada bola en defensa, aínda que a desvantaxe seguía a crecer ata os 44 puntos de diferencia ó remate deste terceiro período.

Máis do mesmo no último cuarto, onde amosouse moita intensidade defensiva, pero xa non había pila para correr en ataque, aínda que foi de aplaudir á intensidade dalgúns xogadores ata o final co partido completamente decidido. A falta de 2’ para o remate Maristas cerraba acta poñendo o 77-26 final.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*