
Partido correspondente á décima xornada de liga e primeira da seunda volta, no pavillón de Bergantiños onde se acadou unha avultada derrota.
O CLINICA DENTAL NOA GARCIA CAÑIZO, non foi quen de conter as perdas, que unido ás malas transicións defensivas, facía que o marcador se disparase dende o inicio do partido e reflexasa un amplo 18-0, no primeiro cuarto.
No segundo cuarto os carballeses conseguían escapar mellor dos continuos dous contra un que patexaban os visitantes, e lograba anotar, aínda que a defensa non melloraba o suficiente conseguía competir este cuarto e desvantaxe non aumentaba a penas, chegando ó descanso con 33-12.

Melloraba o Xiria en defensa no terceiro período, aínda que continuaba a ter moitas perdas en ataque que facía imposible defender algunha situación de contraataque dos coruñeses. O parcial neste cuarto foi de 6-12 e desvantaxe aumentaba ata os 27 puntos.
Pese ó cansazo un último esforzo dos locais facía que o marcador non se fose moito máis, e se puidera ver mellora durante o partido dende o inicio desastroso a uns últimos períodos relativamente dignos. Chegabas ó final cun 26-59 e a vitoria para o Santa María del Mar.

Deixa unha resposta