CadeteFEM: Santo Domingo Betanzos 36 – 42 Xestoria Queijo Xiria Artai

Partido contra o primeiro clasificado do grupo e onde se vería un partido moi disputado durante os 40 minutos.

Un primeiro cuarto onde se impoñían as defensas dos dous conxuntos e onde as canastras se tiñan que traballas moito para conseguilas , pero o Betanzos conseguía impoñerse o finalizar o cuarto por un axustado 8-4.

O segundo cuarto seguiría dominando o equipo local gracias o rebote ofensivo e os tiros libres , pero o Xestoría conseguía manterse cerca no marcador con moi boa circulación de balón conseguindo bos tiros e o encontró chegaría o descanso con unha pequena vantaxe no marcador para as locais 20-14.

Tras o descanso o terceiro cuarto seguiría o mesmo guión da primeira parte e así o reflexaba o marcador que chegaba o último período ca mesma vantaxe para o Betanzos ca que chegaba o descanso (30-24).

Pero un último cuarto espléndido en ataque onde as nosas conseguían anotar 18 puntos , e onde solo a falta de 1 minuto para terminar o encontro o Xestoría Queijo conseguía poñerse por diante no marcador , circunstancia que non ocorría desde os primeiros segundos do encontro , chegaríase os últimos segundos con un marcador de 37-38 grazas a unha canastra de 2 puntos de Lili , intentarían responder as locais pero sen fortuna e os tiros libres de Alba e Claudia cerraban o encontro dando así a vitoria e o primeiro posto do grupo o Xestoría Queijo.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*