Cadete FEM: O Xestoría Queijo non puido conseguir a victoria fronte ó Maristas

Tras un mal inicio de partido (6-13) fomos a remolque todo o encontro, a pesar das gañas e o arreón final (16-8), perdemos por 10 puntos. Aínda así mantemos intactas opcións de clasificación a falta de 4 xornadas.

Partido disputado na tarde do domingo na pista de Maristas. Vitoria das xogadoras de Maristas un triunfo que comprime o máximo a parte alta da clasificación.

Tras esta xornada hai catro equipos empatados na primeira praza: Maristas, Culleredo, Betanzos e Xiria. Un triunfo local , merecido , fraguouse nun primeiro cuarto sensacional das xogadoras de Maristas, tanto no plano ofensivo como defensivo.

Parcial de 21 a 6, gracias a un enorme traballo colectivo e a as numerosas facilidades dadas po las carballesas, con moitos fallos nos pases e concedendo puntos moi fáciles o rival. Tras o golpe do primeiro parcial , as carballesas melloraron e trataron de acercarse no marcador, pero cada intento era rapidamente contestado polas locais que se iban coa mesma diferencia o descanso: 34 a 19.

Tras o paso por los vestiarios, saíron mellor as xogadoras de Xiria, acercándose en varias ocasións os dez puntos pero unas malas decisións nos minutos finais, disparaban a diferencia a cerca da vintena. Volvérono a intentar no cuarto final pero xa sen opcións de vitoria.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*